eordes.com - Toda a información da Comarca de Ordes

Rexístrate »



« Opinións


Com motivo da "Festa do Champiñón" que se celebra nesta fim-de-semana, a Associaçom Cultural Foucelhas edita umha banda desenhada do artista ordense Pedro Fernández Faya, intitulada "...De como nun concello onde non hai champiñóns, celébrase a festa do champiñón". Umha aceda e delirante crítica a que em Ordes se celebre a festa dum produto que nom se produze na comarca, própria do género de escárnio e a tradiçom anti-caciquil. Durante toda a fim-de-semana a A.C. Foucelhas repartirá grátis mil exemplares da banda desenhada.

O autor, Pedro Fernández Faya, é um artista de Ordes que trabalha como técnico de impressom de La Voz de Galicia. Expujo a sua obra pictórica, na que destaca a paisagem galega, no Pub Arcos e no Centro Comarcal de Ordes. Na banda desenhada alternativa publicou "O señor dos tornillos" parodiando a Tolkien, e um par de fanzines: "Invasión vikinga" e "Gran Hermano vikingo". Colaborou também no terceiro número de Segrel, Revista Literaria da Terra de Ordes, editada no verao de 2006. Agora publica com a A.C. Foucelhas esta banda desenhada que bem podemos qualificar como de escárnio e maldizer, na tradiçom da crítica anti-caciquil galega.

Passado o dia passada a romaria. Já passou a "Festa do Champiñón" e a BD foi repartida polos bares, agora está já disponível em pdf na seguinte ligaçom: http://galiza.indymedia.org/media/2010/04//23018.pdf

Envía o teu comentario

Debes acceder coa túa conta de usuario ou rexistrarte para poder participar en eordes.com

Para entrar co teu usuario, podes facelo dende o formulario que se atopa na cabeceira da web ou dende a páxina de acceso.

Se o que precisas é darte de alta, podes facelo dende o formulario de rexistro.