eordes.com - Toda a información da Comarca de Ordes

Rexístrate »



« Opinións

trasno32

Para Eis

trasno32, 07/08/2008 21:58


Resulta que o señor Eis defende e fai eco dunha noticia na que agreden a un delincuente, si delincuente, de feito está na carcere, ¿ e porqué está na carcere? pois por enaltecimento do terrorismo, danos e alteración do orden público, entre outros, seguimos, están presuntamente implicados na queima de bandeiras, agresions a axentes da autoridade, incendios en caixeiros e mobiliario urban, pintadas, etc... E ti defendes O GALEGO E A GALICIA, TI NON DEBES SER GALEGO porque os galegos non defendemos o noso país desa maneira, e se levou uns paus nesa carcere ou mellor dito no traslado, ó mellor é porque o merecía, porque seguro que está na carcere por algo, ESTA POR QUE SE COMPORTOU COMA UN DELINCUENTE COMUN E ESTÁ PAGANDO POR ELO.

EIS, FAI ECO DAS NOTICIAS QUE REALMENTE O MERECEN E NON DUN DELINCUENTE, PORQUE SI ESTA NA CARCERE E POR ALGO.

NOTA PARA WEBMASTER: LITO ESTE TIPO DE OPINIONS NAS DEBERÍAS ADMITIR PORQUE ESTÁN POÑENDO COMO UN PRESO POLITICO A UN DELINCUENTE COMÚN, ESTA XUZGADO POR UN XUIZ.

Comentarios (2)

para trasno32

 

Ola trasno32,
Creo que tes razón en parte do que dis e que Eis trata o tema dos catro presos independentistas galegos como se non pasara nada polo que fixeron. Como se poñer unha bomba nun banco non fora nada malo, cando podían ter morto moitos inocentes, como por exemplo un inmigrante que vai mandar cartos a súa familia no estranxeiro, un vello que vai pagar a factura da luz, unha señora da limpeza que traballa no banco por un soldo mísero ou calquera outra persoa . A ver que culpa ten esta xentiña da "opressom" que sofre Galiza! Por sorte a policía española douse conta de todo e pillou a Xiana e a Ugío, o banco foi desaloxado e nadie resultou ferido nin morto.

Pero no que non estou de acordo contigo e cando dis que se lle zoscaron é porque o merecía. Eu non sei se o merecía ou non pero iso de torturar é ilegal e do mesmo xeito que se investiga se Sánti Vigo e José Manuel Sánchez son culpables da colocación de bombas pola costa galega, tamén se debería de investigar se Sánti Vigo sufriu ou non torturas, porque A TORTURA E AS AGRESIÓNS SON ILEGAIS, se é que realmente vivimos nun Estado de Dereito, e se os dous son delincuentes como ti dis, pois que torturen ós dous. Menuda inxustiza para Sánti Vigo que o torturen só a el, e ó outro? que tamén puxo bombas nada de nada. Non che parece?

Ademáis creo que a quen mais lle interesa quedar como mártires da causa e dicir por aí que están sendo torturados e que non se investiga é a eles mesmos, en cambio, se se condena aos culpables das torturas, todas estas campañas e manifestacións que teñen feito a favor da súa liberación en Santiago e A Coruña perden sentido.
Tes razón cando dis que os galegos e galegas non defendemos á nosa terra poñendo bombas e despois xustificando este tipo de accións, pero tampouco a defendemos torturando ou xustificando torturas, así que ti tampouco debes de ser galego, PORQUE OS GALEGOS NON XUSTIFICAMOS AS TORTURAS!

Outra cousa da que falas é que o preso este esta xulgado por un xuíz, pois xa que foi xulgado por un xuíz dime cal foi a sentenza, condenatoria ou absolutoria??
pois nin condenatoria nin absolutoria porque aínda non se celebrou ningún xuízo, nin se está a celebrar, nin a el nin a ningún outro dos presos independentistas galegos, asi que ata que non sexa condenado é inocente porque nadie é culpable ata que se demostre o contrario e por agora non se demostrou nada.

Agora só espero que sexan xulgados e que cumpran os anos que teñan que cumprir, e a poder ser que cumpran a condena nunha cárcere preto do domicilio dos familiares para que así os poidan visitar, xa que os pais non creo que teñan a culpa de que lle saíran os fillos terroristas, e non o digo eu que o di a lei que se debe de poñer ós presos en cárceres pretos do seu domicilio sempre é cando sexa posible.

NOTA PARA O WEBMASTER: LITO ESTE TIPO DE OPINIONS NAS DEBERÍAS ADMITIR PORQUE ESTÁN POÑENDO COMO UNHA PERSOA NORMAL UN POLICIA QUE TORTURA, A TORTURA É ILEGAL.

Un saúdo! : )

Comentario inapropiado

lobo lobo
12:57 08/08/2008

Senhor Trasno

Nom sei de onde tiras tu que houvo juízo algum... Deveu ser em Second Life... Mas já vejo que gostas do Far West e a justiça pola mao.

De momento o único delinquente és tu, por injúrias (nom respeitas a presunçom de inocência).

Comentario inapropiado

Eis Eis
18:32 25/08/2008

Envía o teu comentario

Debes acceder coa túa conta de usuario ou rexistrarte para poder participar en eordes.com

Para entrar co teu usuario, podes facelo dende o formulario que se atopa na cabeceira da web ou dende a páxina de acceso.

Se o que precisas é darte de alta, podes facelo dende o formulario de rexistro.